Fai a túa reserva ó mellor prezo.
hotel pazo de altamira | Resturante
253
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-253,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.2,vc_responsive
 

Resturante

“Un restaurante onde saborear o mellor da gastronomía e a cultura galega máis actual”

A experiencia de aloxarse no Hotel Pazo de Altamira complétase coa proposta gastronómica e cultural do ser restaurante Café de Altamira. Conectado ao hotel, e cunha entrada propia fronte á Praza de Abastos, permite gozar a calquera hora dun ambiente bohemio e unha carta chea de sabores auténticos. Paga a pena probar a súa cociña de mercado con fortes raíces de cociña galega actualizada por un novo equipo de cociña. Caracterízase por sabores frescos, cunha carta contemporánea e divertida na que sempre é protagonista o bo produto local de tempada. O restaurante é cociña de mercado e máis. Máis é vida cultural, cunha programación pensada para alimentar corpo e alma.