Fai a túa reserva ó mellor prezo.
hotel pazo de altamira | Descubrir o lugar
440
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-440,page-child,parent-pageid-76,cookies-not-set,,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.2,vc_responsive
 

Descubrir o lugar

“Ourense termal, o descanso do peregrino”

Unha vez na cidade podemos elixir entre oito zonas termais habilitadas, todas con vestiarios, aseos e despachos. Dentro do casco histórico atopámonos coa estación termal das Burgas, unha piscina de 200 metros cadrados onde bañarse a 38 graos de temperatura, con hamacas e sauna. Nas inmediacións podemos visitar a Burga de Abaixo, unha fonte termal de estilo neoclásico que é un dos emblemas de Ourense. O Centro de Interpretación Das burgas permite somerxerse un pouco máis na cultura balnearia de Galicia e os seus beneficios para a saúde.
Dende As Burgas chegamos camiñando en só catro minutos á Praza Maior. Dende alí sae o Tren das Termas, L19, que nos leva ao paraíso termal ourensano, no río Miño no tramo entre a moderna ponte do Milenio e a pasarela de Outariz. A zona máis tradicional e popular é A Chavasqueira, onde a auga alcanza unha temperatura de 67 graos, pero nos últimos anos foron acondicionadas tamén outras áreas de acceso libre: O Tinteiro (45 graos), Reza (32 graos), Muiño da Veiga (72 graos) e as
termas de Outariz e Canedo (45 graos).
Ademais destas zonas abertas, hai dúas estacións termais pensadas para realizar circuítos contrastando diferentes temperaturas, e con posibilidade de realizar tratamentos. Tanto a estación termal da Chavasqueira coma a de Outariz, máis moderna, son de estilo xaponés.

Merece a pena pagar o económico prezo de entrada para gozar na Chavasqueira do circuíto termal xaponés seguindo a filosofía zen, relaxarse no rotemburo exterior de pedra e o ofuro no interior; pasar polo templarium, o sudarium e darse sentir o choque térmico na piscina de auga fría do Tsumetai.

Para rematar, nada mellor que unha masaxe en cadeira sueca ou padiola. Tamén ten bar e abre todos os días ata a noite menos os luns. Os sábados e vésperas de festivos pódese gozar do circuíto termal ata as tres da madrugada.
A estación termal de Outariz, de creación máis recente, tamén se inspira na cultura balnearia xaponesa en mestizaxe coa galega. Nas dúas horas de paz e tranquilidade ás que se ten acceso coa entrada pódese elixir entre circuíto cen ou celta. A pedra, as propiedades e temperaturas da auga e as vistas cara ao río Miño e as súas frondosas abas son infalibles para combater toda tensión muscular e mental. Hai un sushi bar para repoñer forzas e tamén ofrece tratamentos de relaxación e de
beleza. Abre todos os días agás os martes.
O último Tren dás Termas volve ao centro de Ourense ás sete en tempada baixa e ás nove en alta. Dende a estación de ferrocarril hai conexión a Santiago ata pasadas as nove da noite. Chegamos de volta a Compostela ante das dez da noite en total estado de relaxación, preparados para empezar un novo camiño e a tempo de gozar dunha saborosa cea reconstituínte no restaurante do hotel e durmir como un bebé.