Fai a túa reserva ó mellor prezo.
hotel pazo de altamira | DESCUBRIR O LUGAR
422
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-422,page-child,parent-pageid-76,cookies-not-set,,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.2,vc_responsive
 

DESCUBRIR O LUGAR

“Compostela contemporánea, de Siza a Eisenman”

Dende a porta do hotel camiñamos cinco minutos e chegamos ao CGAC. A arquitectura é o primeiro atractivo deste centro que dende os anos 90 é un emblema da renovación da cidade. Construído no límite da cidade histórica, intégrase con respecto no ámbito de pedra con planos limpos e volumes que manteñen a escala humana e crean no seu interior un espazo sereno con iluminación cenital que cede o protagonismo ás obras que se expoñen. A entrada é gratuíta e organízanse actividades, talleres e exposicións temporais.
Xunto ao CGAC está San Domingos de Bonaval e o seu parque deseñado tamén polo arquitecto portugués. O proxecto de intervención converteu o antigo terreo e o cemiterio do convento dominicano nun particular zona verde urbano ao que accedemos polo pasadizo que forman os laterais do moderno CGAC e o máis tradicional Museo do Pobo Galego. Paseamos ou descansamos sobre a herba nas súas abas onduladas con vistas aos tellados da cidade e encontrámonos unha escultura de Chillida. Transitamos entre fontes, canles e unha frondosa carballeira.

Seguindo a pegada de Álvaro Siza camiñamos en dirección norte ata o campus universitario, atravesamos o Parque da Música co seu arrastro e o seu estanque no que se reflicte do Auditorio de Galicia e chegamos á Facultade de Ciencias da Comunicación. O segundo grande edificio do mestre luso en Santiago inaugurouse en 1993. O branco, os volumes, as liñas e a luz marcan tamén este edificio docente no que podemos entrar e ver os espazos amplos e luminosos e ata o mobiliario deseñado tamén por Siza.
O descubrimento da Compostela contemporánea require tamén unha visita ao monte Gaiás e a súa Cidade da Cultura, un controvertido e custoso proxecto construtivo e cultural aínda sen concluír que nace coa pretensión de ser a nova catedral de Santiago. Deseñada polo arquitecto neoyorkino Peter Eisenman, esta macroestrutura cultural reinterpreta o plano da cidade histórica de Santiago coas súas rúas e prazas para construír unha urbe imaxinaria dende claves actuais. Pódense visitar os edificios da Biblioteca, o Arquivo e o Museo de Galicia. Visitamos o Gaiás a última hora e podemos aproveitar para considerar dende alí a posta de sol, mesmo con algún dos concertos que se organizan neste momento do día no ciclo Atardecer no Gaiás.